AS VOSAS CÁPSULAS DO TEMPO.MOI BOA ACTIVIDADE, NORABOA!
Fixéstedes unha actividade agochando na caixa de recordos personalizada multitude de vivencias para revivilas dentro dun tempo. No vídeo hai unha pequena mostra do contido traballado. Todo o que me chegou nesta semana pasada. Moi, moio chulas!
É importante que adquirades unha rutina neste tempo sen ir á escola e deberedes traballar os contidos do colexio, podendo utilizar a mañá para facelos, e así seguimos coa rutina que xa tiñamos.Podedes facer as tarefas propostas a continuación:
Practicar matemáticas:Desenrolar operacións básicas e cálculo mental todos os días.
Lectura diaria: Ler distintos tipos de textosadaptados aos vosos intereses.
Escribir e revisar ortografía básica.
Todo esto é necesario para seguir estando ao día ao regreso á normalidade, cando conclúa o confinamento na casa, que será pronto. Moito, moito ánimo. Vémonos pronto e estamos en contacto.
Bicazos cativos e moita paciencia e responsabilidade.
Premede na imaxe para acceder as tarefas desta semana.
Preme na imaxe para as SOLUCIÓNS do pdf desta semana
Semana do 1ao 5 de xuñoOla nenos e nenas!
Esta semana iniciamos o mes de xuño. Canto tempo sen estar todos xuntos!
Aínda así todos nós disfrutaremos coas actividades propostas para esta semana: FACER A VOSA PROPIA CÁPSULA DO TEMPO.
PREME NA IMAXEN PARA ACCEDR ÁS ACTIVIDADES
Lembrade seguir traballando na plataforma :
Semana do 8 ao12 de xuño
OLA NENOS E NENAS
Como cada ano o curso escolar vai chegando ao seu fin cargado de actividades e momentos especiais para todos nós.
Sí, este foi un curso extraño, de profundos cambios nas vosas vidas. Que importante foi a vosa familia e aprender que a vida é un contínuo aprendizaxe e que na distancia tamén estivemos xuntos.
Moitas grazas aos vosos papás e mamás que fixeron un esforzo colosal durante o confinamento para manter a actividade académica.
Utilizamos este pequeno conto para concienciar e comprometer a toda a sociedade cativa e así axudarlles a alcanzar a igualdade de xénero dende a infancia.A nosa meta é construir unha sociedade xusta e igualitaria: as nenas e os nenos teñen que ser poderosxs, justxs, solidarixs e felices.
Hoxe,xoves de comadres, repetímos o ritual do xoves de compadres, pero ao revés. Neste caso son as comadres as que son destrozadas, e son as mozas as que lle sacan a comadre aos mozos. Menuda liorta!
O xoves de compadres ,na nosa tradición do entroido, ten lugar unha simbólica guerra de sexos: as mozas fan bonecos ("compadres") e loitando cos mozos intentan salvalos, pero estes intentan sacarllos e rompelos. Menuda liorta temos montada!
Hoxe tivemos unha moi interesante mañá de Entroido.
Visitounos Sabela Gago para facer un obradoiro de compadres e comadres. Pasámolo fenomenal facendo os nosos bonecos. O xoves 13 iremos a "correr" os compadres, e o xoves 20 correremos as comadres. Estades preparados?
O obxectivo deste obradoiro é contribuír a que esta tradición propia do noso entroido non desapareza e para que os nosos CATIVOS a coñezan e disfruten. Grazas Sabela.
O xoves, día 30 de , conmemoramos o día escolar da Non-Violencia e da Paz, fixémolo, como de costume, todos xuntos elaborando saborosísimas receitas de PAZ. Poñámoslle sabor a vida!
16/1/20
LER e ESCRIBIR ... é unha das cousas que a NÓS máis nos gusta facer.
Hoxe coñecimos a Galante, o elefante, e a "mosquita" Laurita, a súa amiga.
Disfrutamos moito do contiño e tamén despois escribindo e debuxando... ,e así, ao noso xeito, interpretamos o conto.
Deixámosvos esta pequena mostra onde queda patente o talento dos alumnos/as para debuxar e contar esta pequena historia de amizade.