Hoxe tivemos unha moi interesante mañá de Entroido.
Visitounos Sabela Gago para facer un obradoiro de compadres e comadres. Pasámolo fenomenal facendo os nosos bonecos. O xoves 13 iremos a "correr" os compadres, e o xoves 20 correremos as comadres. Estades preparados?
O obxectivo deste obradoiro é contribuír a que esta tradición propia do noso entroido non desapareza e para que os nosos CATIVOS a coñezan e disfruten. Grazas Sabela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario