PÁGINAS/ PÁXINAS
21/2/20
20/2/20
Xoves de comadres
E seguimos co ENTROIDO!
Hoxe, xoves de comadres, repetímos o ritual do xoves de compadres, pero ao revés. Neste caso son as comadres as que son destrozadas, e son as mozas as que lle sacan a comadre aos mozos. Menuda liorta!
13/2/20
Xoves de compadres
O xoves de compadres ,na nosa tradición do entroido, ten lugar unha simbólica guerra de sexos: as mozas fan bonecos ("compadres") e loitando cos mozos intentan salvalos, pero estes intentan sacarllos e rompelos. Menuda liorta temos montada!
Nós, os de 3ºB, cumprimos coa tradición.
Na liorta non quedou ningún compadre "enteiro".
Mozos de 3º, espéravos o xoves de comadres...
12/2/20
Obradoiro de compadres e comadres
Hoxe tivemos unha moi interesante mañá de Entroido.
Visitounos Sabela Gago para facer un obradoiro de compadres e comadres. Pasámolo fenomenal facendo os nosos bonecos. O xoves 13 iremos a "correr" os compadres, e o xoves 20 correremos as comadres. Estades preparados?
O obxectivo deste obradoiro é contribuír a que esta tradición propia do noso entroido non desapareza e para que os nosos CATIVOS a coñezan e disfruten. Grazas Sabela.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)